Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Na Vilagarcía Basket Cup 2008

Galiza contra España… de veteranos

Varios xogadores daquela medalla de prata n'Os Ánxeles 1984 han xogar o vindeiro mércores entre eles, repartidos entre a selección galega e a española.

Redacción - 19:35 13/03/2008
Epi regresa para dirixir á española

Epi regresa para dirixir á española

Xa hai listaxe definitiva de xogadores para o histórico partido de baloncesto que ha enfrontar a Galiza e a España de veteranos nun amigable.

A Selección Galega, que vai adestrar Antonio Fernández, Tonecho (coa gran axuda de Pepe Casal, preparador físico de Pau Gasol), estará liderada por Fernando Romay. Acompañando ao pivote coruñés estarán os bases Miguel Piñeiro, Pepe Conde e Julio Bernárdez; como aleiros Juan Carlos Barros, Quino Salvo, Miguel Juane, Koke Rama e Miguel Loureiro; e como pivotes José Calvelo, Anicet Lavodrama e Antonio Viqueira.

Pola súa banda, a Selección Española preséntase en Vilagarcía cunha completa listaxe de ilustres xogadores, dirixidos polo mellor baloncestista europeo da década dos 80, Epi, que estará acompañado de Joaquín Brizuela. Han estar tamén como bases nesta selección Rafael Jofresa, José Miguel Antúnez e Juan Antonio Corbalán; e como aleiros han participar Jose Beirán, Manolo Flores, Manel Bosch e Josep María Margall. Finalmente, para completar esta selección de luxo, o combinado español contará con Santi Abad, Julián Ortiz, Juan de la Cruz e Andrés Jiménez como pivotes.

Será na Vilagarcía Basket Cup
Ámbalas dúas seleccións han ter a oportunidade de amosar o seu talento no encontro que as ha enfrontar a vindeira cuarta feira no Vilagarcía Arena, ás 20:00 horas.

Será o perfecto peche para o primeiro día de competición da Vilagarcía Basket Cup.


4,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: