A primeira do clube Natural Sport de Ribeira, e a segunda do Tao de Vigo fan parte da selección española que ha viaxar a Roma para competir do 10 ao 13 de abril.
Andrea Rica, de 22 anos, adestra no CAR de Barcelona e é a actual campioa de España en -55 Kg. (categoría Galo). Rica xa ten experiencia na competición internacional, pois en 2005 conseguiu a prata da Universiada de Izmir; o ano a seguir, o 2006, veu o bronce no Europeo; e o ano pasado gañou outra medalla de bronce na Copa de Europa. Ademais, foi convocada pola selección estatal para o Preolímpico Mundial 2007, pero non conseguiu praza olímpica porque non a había para o seu peso.
E Fani Hernández, de 22 anos tamén, adestra no CGTD de Pontevedra, e conseguiu este ano o título de campioa estatal na categoría Pluma (-59 Kg.). A tempada pasada tamén foi moi boa para Fani, posto que conseguiu os títulos de subcampioa de España, campioa da Copa do Rei de pesos olímpicos, campioa de España universitaria e campioa dos Opens de México e Francia. Xa foi medallista no Campionato do Mundo Júnior en 2002, mais por causa dunha serie de lesións no xeonllo viuse apartada das competicións por un tempo, e a piques estivo de ter que abandonar a súa carreira deportiva. Na actualidade, xa recuperada, segue a ser unha das mellores taekwondistas do país.
O traballos destas mozas "augura un vindeiro ciclo olímpico cargado de esperanza para o taekwondo galego"
Na Federación Galega de Taekwondo amosaron a súa satisfacción por esta "merecida convocatoria e polo feito de que estas dúas deportistas sexan a primeira e a segunda clasificada na listaxe olímpica". Tamén lamentan que Andrea Rica non fose vaia ir a Beixín, mais lembra que neste deporte a idade de máximo rendemento está entre os 26-28 anos, e as dúas taekwondistas aínda son novas.