Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A UNESCO ELIXIUNA COMO FINALISTA

A Torre, un pouco máis cerca de ser patrimonio da humanidade

O faro superou a primeira creba, e foi seleccionada como un dos 45 finalistas, que nos vindeiros meses deberán ser avaliados porlos expertos

Redacción - 09:17 13/03/2008

A noticia era esperada, pero a decisión adoptada pola UNESCO era un chanzo imprescindíbel na carreira iniciada. O proceso de designación da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade é unha carreira de obstáculos, unha sucesión de fases e crebas que o faro romano debe ir superando para acadar o seu obxectivo. A organización internacional valorou de forma moi especial o feito de que a Torre é o único faro romano que segue funcionando na actualidade e que, ademais, faino co mesmo labor para o que foi inicialmente deseñado. Este feito confírelle o valor universal excepcional requirido.

A Torre foi seleccionada entre os 45 finalistas, que agora deberán ser avaliados polos expertos da entidade, que durante os vindeiros meses visitarán A Coruña. O Comité do Patrimonio Mundial inicia deste xeito a fase de avaliación, dirixida a constatar que os bens seleccionados "posúen valor universal excepcional" e reúnen os requisitos esixidos para a inscrición na lista. Un experto designado por ICOMOS, organismo asesor da UNESCO en materia de patrimonio cultural, comprobará sobre o terreo os valores de cada candidatura. Como resultado desta misión e da análise dos expedientes, ICOMOS elevará ao Comité de Patrimonio Mundial, integrado por 21 Estados, a súa recomendación final sobre a inscrición ou non da Torre de Hércules na Lista de Patrimonio Mundial. A decisión final adoptarase na sesión anual do Comité, que terá lugar en xuño de 2009 en Sevilla.

Á hora de seleccionar as candidaturas a UNESCO dálle prioridade aos Estados con ningún ou con menos de tres bens inscritos na Lista de Patrimonio Mundial e tamén as candidaturas de patrimonio natural ou mixto. Por esta razón, a selección das candidaturas do Estado Español españolas constitúe sempre un reto, posto que España é, cun total de 40 sitios inscritos, o segundo territorio en número de bens declarados.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: