Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
EN OITO ESTADOS DIFERENTES

Labregos e indíxenas brasileiros protestan contras as hidroeléctricas

Os colectivos Via Campesina e Movimento dos Atingidos por Barragens (MAB) comezaron coas mobilizacións esta semana.

Redacción - 19:30 12/03/2008
Unha protesta de Via Campesina e os Sem Terra contra os biocombustíbeis

Unha protesta de Via Campesina e os Sem Terra contra os biocombustíbeis

Via Campesina e o Movimento dos Atingidos por Barragens (MAB) iniciaron esta semana unha serie de protestas contra a construción de centrais hidroeléctricas en oito estados do Brasil.

As accións eran a anticipación a unha serie de manifestacións convocadas para esta sexta feira, 14 de marzo, Día Internacional contra os encoros.

Protestas en 8 Estados

Os manifestantes protestaron nos Estados de Minas Gerais, Espírito Santo, Rondônia, o Ceará, o Pará, Santa Catarina, o Paraná e no Rio Grande do Sul. A meirande parte das manifestacións concentráronse nos encoros, nas obras das hidroeléctricas e diante dos predios das empresas enerxéticas de cada Estado.

Durante toda esta semana as protestas do MAB e da Via Campesina hanse estender tamén a outros puntos da política enerxética brasileira, e mesmo han chegar ás capitais.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: