Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROSEGUE A SANGRÍA

Falece un traballador da construción en Cedeira

Nunha xornada marcada polos accidentes laborais, outro operario resultou ferido grave nas obras do TAV no Irixo (Ourense).

Redacción - 11:40 12/03/2008

A mañá deste mércores volve ser tráxica para o mundo laboral galego. Pouco antes das 9.30 da mañá, un traballador da construción perdía a vida en Cedeira. O accidente tiña lugar nun edificio en obras da Avenida España. O operario faleceu logo de caer polo burato do ascensor do inmóbel.

Pouco despois, sobre as 9.50 horas, na localidade ourensán do Irixo, outro operario sufría feridas graves logo de caer dende unha ponte das obras do TAV. O traballador, de nacionalidade portuguesa, pertence a unha empresa subcontratada.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: