O Concello de Arteixo investiga a algunhas fábricas de Sabón por provoca-la choiva ácida, en forma de restos tóxicos sulfurosos que caen sobre o entorno de Rañobre.
Os veciños do lugar de Rañobre, en Arteixo, levan meses pedindo unha forte medida contra o causante da contaminación que padecen. O Departamento Municipal de Medio Ambente, que leva un ano funcionando, estase volcando con este problema.
Os técnicos detectaron indicios de choiva ácida, en Rañobre e noutros lugares, e investigan a varias empresas do polígono de Sabón para atopar á posible culpable.
Os veciños de Rañobre culpaban á central térmica de Sabón pero, polo que se puido saber, o seu período de mantemento é moi corto e ademáis utiliza fuelóleo, que nunca provoca choiva ácida.
Para que se produza choiva ácida é necesario que no proceso productivo se utilice o xofre.
A central térmica de Sabón produce un ruido estridente e agudo cando se abren as turbinas, pero este problema, a parte de ser molesto, non semella ser ilegal. No Concello non teñen os aparellos necesarios para medi-lo nivel de ruido e ademáis, este feito prodúcese habitualmente de noite.
Roberto Catoira