Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTREA DA PRIMEIRA SERIE EN GALEGO NO YOUTUBE

Chegou o día de 'Oculta Identidade'

Ás nove da noite colgarase o primeiro dos dez capítulos que compoñen a produción, realizada por Bruno Nieto e un grupo de estudantes da Escola de Imaxe e Son da Coruña.

Redacción - 13:44 11/03/2008

Oculta identidade é un thriller, protagonizado por Rubén Riós (Libro de Familia, Pradolongo...), que comeza coa desaparición dun estudante e a búsqueda que emprenden os seus amigos. Ás nove da noite deste martes 11 de marzo estrearase o primeiro capítulo, duns dez minutos, e cada semana aparecerá unha nova entrega.

A serie foi creada e dirixida por Bruno Nieto, estudante de primeiro curso de produción audiovisual na Escola de Imaxe e Son da Coruña. A primeira serie que Bruno Nieto colgou en youtube chamábase Nada es lo que parece e chegou aos dez capítulos (de case dez minutos cada un), cun total de máis de 50 mil visionados. Neste segundo traballo aumenta a profesionalidade e a calidade da produción, a serie escribiuse e filmouse integramente en galego, e Bruno contou coa colaboración dos seus compañeiros da EIS.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: