Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mestura de criterios políticos e xudiciais

Democratizaría a vida xudicial a desaparición da "Audiencia Nacional"?

A esta pregunta responde afirmativamente August Gil Matamala, ex presidente da Asociación de Avogados Demócratas Europeos.

Redacción - 17:25 11/03/2008

Ao tempo que critica que a Audiencia Nacional ofrecese exemplos claros da "aplicación de criterios políticos por enriba dos xurídicos" e fixese así de "axente político directo", August Gil Matamala, ex presidente da Asociación de Avogados Demócratas Europeos, opina que "a desaparición" da Audiencia Nacional "é urxente e necesaria para unha democratización real da vida xudicial".

Gil Matamala reflexiona deste xeito durante unha interesante entrevista concedida a Diagonal. Matamala, quen foi fundador da Comissió de Defensa dels Drets de la Persona do Col·legi d'Advocats de Barcelona, é tamén ex presidente da Asociación de Abogados Demócratas Europeos (AED), e participou na Iniciativa de Observación Internacional no macrosumario 18/98+ contra, entre outras, diversas entidades relacionadas coa esquerda abertzale. Esta comisión, advertiu de que a condena a medio cento de persoas a máis de 500 anos de cárcere por delitos de terrorismo débese "a unha mala instrución" do proceso.

Presión mediática ao servizo dos excesos de Garzón
Segundo o relato de August Gil Matamala, un reprochábel punto de inflexión prodúcese polo acoso a dous maxistrados que subliñaran a febleza das argumentacións deseñadas polo xuíz Baltasar Garzón. Ao respecto das acusacións manexadas por este xuíz, os seus compañeiros consideraban por exemplo que non había fundamento para identificar á empresa editora do xornal Egin coa ETA, nin tampouco delito ningún nas actividades do colectivo Xaki, tales como criticar o propio sistema legal estatal ou traballar a prol do recoñecemento internacional do dereito de autodeterminación. Ao respecto, desde o colectivo Ceivar consideran que as reflexións de Matamala son de interese tamén ao respecto da belixerancia sobre o independentismo galego.


4,91/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: