 
O proxecto cultural Leñaverde do Barbanza preséntase en Barcelona con "Deriva Atlántica" en varios actos, o principal o sábado no Museu Marítim, non todo é fume.
"Leñaverde é un proceso, que medra e evoluciona. É un ser vivo composto pola alma creativa deste recuncho atlántico e polo corpo salgado que modelamos dende hai oito anos… mozos e mozas da costa sur dun país verde que se reflexa nun mundo azul e negro ao que a cultura lle da formas, linguas, imaxes e personalidades diferentes pero comúns".
Unha experiencia de animación sociocultural orientada a mellorar a participación social da mocidade e a fomentar a cultura como medio de desenvolvemento persoal, social e económico. Para desenvolver un tecido social e cultural participativo e formado, peza clave no desenvolvemento integral dun país moderno.
  Co espectáculo Deriva Atlántica buscan achegar a cultura atlántica da vila de Boiro a diferentes espazos da cidade de Barcelona. Tamén presentar un dos proxectos máis innovadores do panorama cultural, a nivel local e comarcal, da Galiza actual. 
    
  Para esta viaxe contan co apoio e a colaboración de Rede.cat, a cal ten coma un dos seus principais obxectivos aproximar as culturas galega e catalá partindo dunha visión da cultura como un organismo vivo, dinámico e crítico. Esta vez para compartir e intercambiar aqueles aspectos máis significativos das respectivas culturas do mar, para facer máis próximas as ondas atlántica e mediterránea. 
  
  Mércores, 12 de marzo
Deriva Atlántica, audiovisual e presentación de Leñaverde.
  Ás 12 h, na Universitat Autònoma de Barcelona 
  Sala de Juntes. Facultat de Filosofia i Lletres 
  Edifici B. Bellaterra (Cerdanyola del Vallès) 
  
  Ás 19.30 h, na Galeria Sargadelos de Barcelona 
  Provença, 276
  
  ACTO PRINCIPAL
Sábado, 15 de marzo, 20.30 h 
  
  Presentación artística de Leñaverde. Drassanes Reials. 
  
  Con performance poética e intervención teatral a cargo do actor Serafín Marcos, proxección audiovisual do Proxecto Leñaverde, concerto e recital da cantante Sonia Levedinsky do grupo folk Fía na Roca e degustación de produtos galegos.
Museu Marítim de Barcelona 
  Av. de les Drassanes s/n
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto