Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
'LATIDOS TV'

‘USP Hospitales’ crea unha canle de televisión sobre sanidade que se emite por Internet

Tres dos seus centros médicos están ubicados na provincia da Coruña

Redacción - 13:55 10/03/2008

O grupo ‘USP Hospitales', que conta con 43 centros sanitarios en España e Portugal, tres deles na provincia da Coruña, creou en colaboración coa firma Vidneo a primeira canle de televisión corporativo sobre sanidade que se emite por Internet en España.

Bautizado como 'Latidos TV', esta canle seguirá o exemplo da revista 'Latidos de USP', do mesmo grupo, que ten unha tirada de máis de 10.000 exemplares e que informa de forma periódica non só sobre noticias corporativas, senón tamén sobre temas de saúde de interese xeral.

O grupo USP Hospitais informou, nun comunicado, que os internautas poderán acceder a pezas informativas que se presentarán en formato de noticia televisiva de tres minutos e, máis adiante, está previsto que poidan consultar tamén o arquivo das noticias.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: