Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRESENTA O SEU NOVO DISCO

Uxía retoma o seu 'Eterno navegar'

O concerto terá lugar o vindeiro sábado 15 no Auditorio de Galicia, en Compostela, dentro do ciclo Sons da Diversidade.

Redacción - 12:23 10/03/2008

Escoita un extracto de Eterno navegar

Día de estrea para Uxía. Novo disco (Eterno navegar) e nova banda, encabezada polo excepcional músico das Azores Paulo Borges, que a acompañou na gravación do álbum e que estará con ela durante na xira de presentación que agora comeza. Será unha noite moi especial, unha viaxe musical polo Océano Atlánti4co na que sobre unha base de música tradicional galega Uxía constrúe ritmos e sons de orixe variada, principalmente africana, mais tamén brasileira e portuguesa. Alalás, fados e mornas que compoñen un disco moi traballado, con colaboracións de luxo e que é froito de anos de traballo.

Na gravación de Eterno navegar, que tivo lugar nos arredores de Sintra, participaron, entre outros, Tito Paris, Sara Tavares, Sérgio Godinho, Rui Veloso, Júlio Pereira, Quim Farinha, Guadi Galego, João Afonso, Ugia Pedreira, Filipa Pais, Amélia Muge, Pulpiño Viascón, Manecas Costa, Zeca Medeiros ou Jon Luz. Temas como Danza ritual, As nosas cores ou a propia Eterno navegar veñen suceder ao aclamado Danza das Areas, publicado no ano 2000.

O concerto terá lugar o vindeiro sábado 15 no compostelán Auditorio de Galicia, dentro do ciclo Sons da Diversidade, con prezos de 15 euros (7,50 para estudantes e xubilados).


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: