A concellería de Servicios Sociais do Concelllo de Ferrol organiza en colaboración co Ateneo Ferrolán unhas xornadas en torno á muller. As xornadas desenvolveranse na primeira quincena do mes de marzo, coincidindo coa celebración do Día da Muller Traballadora. Nestas xornadas falarase do maltrato ás mulleres e ós nenos. A escritora Marina Mayoral será o prato forte desta celebración que organizan os servicios sociais do Concello
A escritora e profesora universitaria Marina Mayoral pronunciará o próximo
15 de marzo unha conferencia en torno ó papel da "Muller no Século XXI".
Será no Centro Cultural Torrente Ballester. a ponencia incríbese dentro do
programa de actividades organizado pola Concellería de Servicios Sociais
do Concello de Ferrol para conmemorar o Día da Muller Traballadora, que conta ademais con outras
conferencias. O luns 8 de marzo, analisaranse cuestións vencelladas coa
violencia doméstica. Nesta xornada participará a Presidenta da Asociación
de Mulleres maltratadas, Tina Alarcón. O martes 9 de marzo abordaranse
cuestións vencelladas co maltrato infantil, coa intervención do Defensor do
Menor, Javier Urra.
O programa deseñado pola Concellería de Servicios Sociais contempla ademáis
un obradoiro de autorrealización persoal, impartido por membros da
Asociación Simone de Beauvior.