Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
5 OBRAS A EXAME

Esta semana no Cartafol de libros...

A páxina de crítica literaria analiza a 'Reexistencia' sobre a obra de Rivas e as traducións ao galego de Ginsberg, Pamuk e John Boyle. Ademais, o dicionario Xerais de usos, frases e sinónimos.

Redacción - 11:49 08/03/2008

Heitor Mera analiza a achega que Isabel Castro Vázquez, profesora de lingua e literatura nunha universidade estadounidense, fai sobre a obra de Manuel Rivas en Reexistencia. O crítico considera que o intento de analizar globalmente a obra de Riva constitúe "un acerto pois, mais alá de pequenas reflexións sobre libros concretos, preséntanos un esquema interpretativo posible da esencia narrativa e poética do autor que, por momentos van unidas".

O Cartafol repasa, ademais, tres traducións publicadas recentemente. En primeiro lugar Mario Regueira analiza o Ouveo e outros poemas, de Ginsberg, editado por Positivas con tradución de Daniel Salgado. Regueira considera que "A achega desta obra á nosa lingua, ofrece un exemplo máis da vixencia que aínda ten hoxe a literatura de Ginsberg, aínda que sexa como a formulación primeira dunha serie de conflictos que seguen a ter o seu papel na actualidade, e que tamén afectaron dun xeito crucial á historia da cultura popular, dende a música até a literatura".

Heitor Mera aborda a publicación na nosa lingua de O neno do pixama a raias de John Boyle (Factoría K de Libros) e O Castelo Branco, do premio Nóbel Orhan Pamuk (Galaxia). Finalmente, Manuel Rodríguez Alonso analiza en Un dicionario prescindible o Dicionario Xerais Castelán-Galego de usos, frases e sinónimos, no que bota a faltar unha meirande actualización dende a súa versión anterior, publicado en 1990.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: