Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INCIDENTES

Centos de gandeiros ocupan a fábrica de Puleva en Nadela

Os produtores, que protestaban pola baixada de prezos do leite, romperon o cordón policial e ocuparon as naves.

Redacción - 15:08 06/03/2008

As mobilizacións dos produtores de leite galego comezaron este xoves en Nadela(Lugo). Máis de 1.500 gandeiros procedentes de diferentes puntos do país concentráronse dende primeira hora da mañá diante da fábrica de Puleva convocados por UU.AA, SLG e XX.AA. Logo de cortar o tráfico, unha boa parte dos gandeiros racharon a liña de seguridade establecida pola empresa e pola policía e entraron no interior das naves.

Segundo lle acaban de confirmar varios manifestantes a este xornal, algúns dos participantes na protesta tiraron ao chan caixas de leite. Pouco despois das 14 horas abandonaron as instalacións. Puleva é unha das empresas que decidiu baixar o prezo do leite na factura do pasado mes de febreiro. Os sindicatos aseguran que algunhas centrais leiteiras están especulando a conta dos produtores e anunciaron que están preparados para máis protestas nos vindeiros días.


4,93/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: