Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FESTIVAL DE HIP-HOP, BREAKDANCE E GRAFFITI

A muller urbana toma a rúa en Lugo

O 8 de marzo a cidade celebrará o Día da Muller Traballadora co festival 'Emfeminino', no que destaca a actuación de Arianna Pueyo, Aniki, Ikah e a viguesa Wöyza.

Redacción - 09:35 08/03/2008

O festival Emfeminino. Encontro da muller urbana comezará ás oito da tarde na Praza de Santa María, ao pé da Catedral. Haberá concertos de hip-hop e soul, espectáculos de breakdance e mostras de graffitis. Todo realizado por mulleres, que nos últimos anos teñen acadado un papel protagonista nestas modalidades artísticas urbanas.

Destaca a presenza en Lugo de artistas consagradas en todo o Estado, como Arianna Pueyo (metade dominicana, metade catalana), en activo dende 1993 e que foi unha pioneira na incorporación das mulleres ao hiphop na Península. Ou a madrileña Ikah e a barcelonesa Aniki, agora estabelecida en Londres e que está a piques de publicar o seu novo álbum, máis en clave soul. Tamén estará a novísima Wöyza, nacida en Moaña en 1984 con raíces uruguaias; foi descuberta hai cinco anos por El Puto Coke, con quen editou en 2006 un ep no que se incluían temas en castelán e galego, como Tempos de Muller. Completan o cartaz Mefe e Delise.

No tempo do breakdance chegan a Lugo dende Os Anxeles Peppa e Mien Vo, e dende Barcelona Movie One e Ther. E na mostra de graffiti participarán artistas como a viguesa Sax, a bilbaína Den e Only, a medio camiño entre Venezuela e Valancia.

El Puto Coke e Wöyza en Escola Hip Hop (Xabarin Clube)


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: