Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Tenis

A viguesa Patricia Vilas campioa júnior en Oslo

Gañou en dobres no ITF Osla Open 2008, facendo parella con Aleksandra Josifoska.

Redacción - 11:41 06/03/2008

A tenista viguesa Patricia Vilas conseguiu o título de campioa de dobres no Torneo Internacional Junior de Oslo, a carón de Aleksandra Josifoska.

Sen formar parte das designadas como cabezas de serie, partido a partido ámbalas dúas xogadores foron impoñendo o seu xogo, alzándose finalmente coa vitoria ao vencer á parella formada polas rusas Mishel Kenin e Julia Samuseva.

Logo de tres semanas fóra de casa xogando os torneos internacionais júnior de Copenhague, Oulu e Oslo, Patricia conseguiu os puntos precisos para subir na listaxe de mellores xogadoras do mundo. Arestora está no posto 603 na categoría júnior.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: