Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A DESCARGA DAS IMAXES É GRATUÍTA

A Biblioteca do Congreso dos EUA asóciase con Flickr

Que facer cun banco de imaxes históricas xigantesco, para facer accesibles estes tesouros fotográficos ao maior número posible de usuarios?

Redacción - 13:40 05/03/2008
Biblioteca do Congreso dos EUA, en Washington / Flickr: dbking

Biblioteca do Congreso dos EUA, en Washington / Flickr: dbking

Nos Estados Unidos, a Biblioteca do Congreso, que dispón de doce millóns de imaxes, atopou unha resposta orixinal. En xaneiro, a institución transferiu unha parte das súas imaxes a Flickr, unha web onde millóns de internautas comparten cada día toda clase de imaxes: pícaras, íntimas ou banais.

Ao asociarse coa popular plataforma de almacenamento e intercambio, a Biblioteca do Congreso dos EUA busca paliar a falta de visitas recibidas na súa propia web, que xa conta cun gran número de fotografías. Para esta fusión, a Biblioteca extraeu 3.000 fotografías, de dous conxuntos.

O primeiro: Fotografías en cor da Farm Security Administration, que datan dos anos 1930-1940. Reflicten a vida diaria en zonas rurais americanas, a mobilización nas fábricas durante a segunda Guerra Mundial, ou tamén mulleres no traballo.

A segunda colección é da Bain News Service, unha das máis antigas axencias de fotografías de prensa. Escolléronse aproximadamente 1.500 imaxes entre 34.000 negativos sobre vidro, que databan dos anos 1900-1920: vense acontecementos deportivos, representacións teatrais, celebridades, crimes, folgas ou catástrofes... a maioría en Nova York.

Os dereitos destes dous fondos son de carácter público: os internautas poden, pois, copiar libremente e descargar as imaxes.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: