Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SERÁ DIRIXIDA POR RODRIGO ROMANÍ

Vigo terá unha nova Escola de Música Tradicional

A E-Trad ocupará provisionalmente o edificio da Escola de Artes e Oficios.

Redacción - 13:25 03/03/2008

O proxecto educativo e curricular desta nova Escola foi aprobado tecnicamente na última Xunta de Goberno Local. Vén substituir ás ensinanzas que até o curso 2006-2007 viñan impartíndose dentro do plan de estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios. Polo tanto, até que se decida unha nova ubicación a Escola de Música Tradicional e Folc (chamada E-Trad) seguirá ocupando estas instalacións.

O proxecto foi presentado o pasado xoves pola concelleira de Educación do Concello de Vigo, Laura López Atrio, e en principio está dirixido aos alumnos que xa viñan cursando estes estudos, así como aos que foran seleccionados en 2007 para o curso de iniciación. Na presentación, os alumnos da Escola de Artes reclamaron cunha faixa o inmediato comezo das clases.

A e-Trad será dirixida por Rodrigo Romaní, técnico e profesor de arpa céltica do que foi Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes. O principal cambio que estabelece a nova escola é que fixa un novo plan de estudos con dobre itinerario, afeccionado e profesional, e duplica os recursos educativos e económicos que se viñan empregando até o de agora. En total, a E-Trad conta con dous profesores máis, máis dúas especialidades, máis materias troncais, 65 horas lectivas máis, e o seu orzamento queda fixado en 221.000 euros. Ademáis, ofrécelles contratos indefinidos aos profesores.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: