Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Máis éxitos para o atletismo en galego

Lolo Penas gaña o estatal de cross curto

Paula Mayobre e Sandra Mosquera foron segunda e terceira na proba júnior feminina. Pedro Nimo foi undécimo no cross longo, xusto por detrás doutro galego, Suso de la Fuente.

Redacción - 12:00 03/03/2008
Lolo Penas

Lolo Penas

Os atletas galegos vén de asinar unha grande actuación no campionato estatal de cross por clubes, disputado este domingo en Madrid.Lolo Penas, do Puma Chapín de Jerez, proclamouse vencedor de cross curto, mentres que no cross longo destacou Suso de la Fuente (do Aseficán Piélagos), que foi décimo, seguido de preto do campión galego Pedro Nimo, do U. Guadalajara (que foi undécimo).

Tamén éxitos das mulleres
Nas probas femininas destacaron Paula Mayobre (Puerto de Alicante), segunda; e Sandra Mosquera (Comesaña Sporting Club), terceira, na categoría júnior. Ademais, María Jesús Gestido (do Playas da Jandía), foi sétima en cross curto, mentres que a ferrolá Rocío Rodríguez (Puerto de Alicante) terminou décimo terceira. Por equipos, destacou a terceira posición do Ourense Academia Postal na categoría promesa mulleres e na cuarta en promesa homes.

En promesa, Iván Iglesias (Camargo Salgar), co cuarto posto foi o mellor galego, nunha proba na que o Ourense Academia Postal finalizou cuarto por equipos, con Marcos Fernández, sexto; e Juan A. Pousa chegando en novena posición.

Durante todo o día fixo moita calor nun circuíto case totalmente plano, con a penas dúas pequenas elevacións de terra e herba algo alta, competiron 2.400 atletas de 177 clubes de todo o Estado.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: