O galardón, que chega á cuarta edición, está instituído polo Coro Toxos e Froles e na súa entrega participaron o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri e a concelleira de Cultura Iolanda Díaz
O 28 de febreiro é o cabodano do pasamento de Álvaro Cunqueiro (que tivo lugar en 1971), e é en consecuencia a data escollida para a entrega do Premio Letras de Bretaña, que recoñece aos autores galegos que teñene relación con ese territorio. Unha relación que pode ser simbólica, como neste caso. A poeta Luz Pozo, escollida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega candidata ao Premio Nóbel, hai anos que vén tratando o tema do celtismo.
O acto de entrega foi aberto polo alcalde de Mondoñedo, Orlando González, que cedeu a seguir a palabra a Vicente Irisarri. Interviron tamén o presidente do Real Coro Toxos e Froles e o escritor Fernán Vello, que leu a laudatio a Luz Pozo, salientando a calidade e intensidade da súa obra