Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Vaga de delitos

O Bispado alerta dos roubos no patrimonio artístico ourensán

En poucos días forzaron as portas de varias igrexas e os ladróns furtaron tallas dos séculos XVII e XVIII.

Redacción - 09:00 28/02/2008

Os roubos máis recentes producíronse o pasado fin de semana e este mesmo mércores. Así, o domingo e logo de entrar na Igrexa Parroquial de Barrán, en Piñor de Cea, os ladróns marcharon cunha talla do S.XVIII que representa a San Lázaro. Este mércores, o roubo producíase na Igrexa do Castelo de Monterrei, onde segundo o Bispado desapareceron "dúas importantes tallas", unha da Nosa Señora co Neno, do S.XVII, e outra de Santo Antonio de Padua, do S.XVIII.

O Bispado instou a cregos e comunidades de fieis, "particularmente ás que teñen os templos máis desprotexidos polo despoboamento ou a súa situación apartada", a extremaren as medidas preventivas, "colocando alarmas e portas máis seguras" e retirando a lugares máis seguros os obxectos máis valiosos. En declaracións á Televisión Galega, representantes do bispado de Ourense reprocháronlle aos corpos policiais falta de esforzo á hora de perseguiren este tipo de delitos.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: