Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
BOOKCROSSING

Vimianzo fará unha liberación masiva de libros o venres 29

O Castelo de Vimianzo é a única 'zona de cruce' oficial existente na Costa da Morte.

Redacción - 09:39 28/02/2008

O Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Vimianzo, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do IES Terra de Soneira ceibará no Castelo de Vimianzo, o vindeiro venres 29 de febreiro as 12 da mañá perto dun cento de libros donados polo propio centro escolar e pola Biblioteca Muncipal de Vimianzo. Dende marzo de 2007, cando o Castelo pasou a ser un punto oficial de intercambio, saíron dalí uns 145 libros, donados por distintas librarías, bibliotecas, editoriais, ademais de por particulares. Un de cada cinco libros liberados en Vimianzo atópase aínda localizado, pois as persoas que os recolleron inscribiron os seus datos no rexistro da obra.

Ademais desta 'ceiba', o Concello anima a todos os cidadáns a unirse á actividade. O 29 de febreiro celebrarase en todo o mundo o Día Internacional de Bookcrossing. Calcúlase que en todo o mundo a web que rexistra os intercambios conta con medio millón de membros, con máis de tres millóns de libros na súa base de datos.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: