Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
UN 13% MENOS

Un boicot dos vendedores fai baixar o volume de poxas en eBay

A protesta, iniciada hai unha semana, débese ao aumento das comisións impostas polo portal.

Redacción - 12:05 26/02/2008

As transaccións na web especializada en poxas eBay caeron un 13% durante a última semana. Nestes sete días, moitos vendedores decidiron boicotear o portal para protestaren polo aumento das comisións que lles cobra a empresa. Segundo as estimacións efectuadas por medios de comunicación dos EUA, na última semana só se poxaron 13 millóns de artigos, despois do boicot que comezou o 18 de febreiro.

Porén, eBay negou que a protesta tivese impacto nas súas vendas e rexeitou volver ao antigo sistema de comisións e de votacións. O portal aumentou as comisións que lles cobra aos vendedores cada vez que se pon na web un dos seus artigos. Ademais, os usuarios deixarán de poder facer comentarios negativos sobre compradores a partir de maio.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: