Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Protestas pola independencia de Cosova

Un morto e 80 feridos logo do ataque á embaixada de EUA en Belgrado

A prensa británica informa este venres que tamén a delegación do Reino Unido na capital de Serbia sufriu o acoso de grupos incontrolados. A marcha foi pacífica até que se disolveu.

Redacción - 11:35 22/02/2008
Os bombeiros sofocaron as lapas na embaixada de EUA

Os bombeiros sofocaron as lapas na embaixada de EUA

Un corpo carbonizado foi rescatado esta quinta feira da embaixada de Estados Unidos na capital de Serbia, Belgrado, tras ser asaltada por un grupo de persoas unha vez finalizou a protesta contra a independencia de Cosova, e que reuniu a unhas 250.000 persoas.

Anteriormente, o portavoz do Departamento de Estado estadounidense, Sean McCormack, dixo tras se producir o asalto, que este ocorreu fóra do horario de oficina, polo que as únicas persoas que estaban no edificio eran o persoal de seguridade e varios marines. Nestes momentos descoñécese a identidade da vítima.

Media hora despois de que se producise o asalto, chegaron ao lugar 200 antidisturbios, que arrestaron a algúns dos asaltantes e dispersaron ao resto a golpes, con gas lacrimóxeno e con vehículos pesados.

Ataques á embaixada británica

Por outra banda, os medios británicos recollen a declaración oficial do secretario de Asuntos Exteriores, David Miliband, nas que asegura que a embaixada do Reino Unido en Belgrado tamén foi obxecto de ataques. No entanto, Miliband afirma que os danos ao edificio son de pouca importancia e que o persoal da delegación está a salvo.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: