A web da Xunta vén de estrear unha nova sección chamada Nomenclátor, na que recolle a toponimia de todas as entidades de poboación de Galicia, de acordo cos dictames da Comisión de Toponimia e as normas dictadas pola Xunta de Galicia. Das catro provincias, tres están completas: Lugo, Ourense e Pontevedra. Da outra provincia, A Coruña, figura a toponimia daqueles concellos sobre os que xa hai dictame; o resto irán aparecendo ó longo deste ano. Pódese facer unha busca guiada ou directa, pero aparecerá ata a aldea máis pequena do concello máis pequeno de Galicia.
.