O realizador, que participou en varias series galegas de tv, finou hai uns días.
O Festival Europeo de Curtametraxe, que vai xa pola décima edición, terá lugar en Cambrils e Reus entre o 27 de febreiro e o 15 de marzo. Na edición de 2007 o director galego Mario Iglesias acadou un dos premios pola curtametraxe "Veciños".
Emilio Mac Gregor naceu en México pero viviu en Galicia desde 1999 até o seu recente pasamento neste mesmo mes de febreiro. Mac Gregor traballou na ficción televisiva, participando en series como Terra de Miranda e Mareas vivas, así como en programas de Canal +. 18 segundos acadou diversos premios en certames de audiovisual, como o Premio Javier Aguirresarobe ao mellor traballo no Festival de Eibar.
18 segundos, 7’
Dir. Bruno Zacharías e Miguel López "Macgregor"
Sinopse: Amy e Jack non se coñecen. Viven en dúas cidades diferentes. Dedícanse a cousas totalmente diferentes. Nin sequera teñen gustos semellantes. Mais ambos os dous tardan exactamente os mesmos segundos en facer o mesmo. Hoxe atópanse por primeira vez.