O tráiler do filme ten dúas versións: unha "internacional", en que o heroe é apuntado por estadounidenses, e unha "nacional", onde isto non acontece.
O tráiler de presentación do novo filme protagonizado por Harrison Ford, Indiana Jones e o reino da caveira de cristal, parece demostrar que nos Estados Unidos se está a dar a mesma situación ca no Estado Español do franquismo: fanse dúas versións das películas, unha para o mercado interior e outra para a exportación. Neste caso non é o erotismo o que se veta para o público dos EUA, senón as armas.
Ao parecer, a censura non permite que se vexan estadounidenses apuntando contra os seus compatriotas. Porén, este "problema" non ten tanta importancia de cara ao mercado internacional, onde si se poden ver claramente as armas. Poden comparar o tráiler que se pode ver nos EUA e o que se presentou dobrado ao castelán para o Estado Español:
Versión estadounidense: