O grupo do fillo de Caetano Veloso achegará á cidade olívica a súa visión sobre a música brasileira.
Comeza a sexta edición do festival Sinsal, e faino cun orixinal concerto protagonizado por Moreno Veloso xunto con dous músicos cariocas, Alexandre Kassin e Domenico Lacellotti. O proxecto destes tres artistas fundaméntase na tradición sonora de Brasil, visto neste caso dende unha perspectiva máis actual. A samba e a bossa nova mestúranse co favela funk, o rock de garaxe ou a electrónica para dar paso a Futurismo, o terceiro traballo de Kassin+2.
O concerto comezará a partir das 21:00 do luns 18 de febreiro no Centro Cultural Caixanova de Vigo. O Sinsal continuará en Compostela o 23 do mesmo mes coa actuación do fundador dos Swans, Michael Gira, no Salón Teatro.
Aquí podes ver o seu clip Esquecido.