Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA

Para Touriño, os manifestantes non entenden "que o novo Goberno está protexendo o medioambiente como nunca"

Ademais, cualifica de "sensata e razoábel" a prórroga para as empresas na liña de costas

Redacción - 16:38 17/02/2008
Tags: EP

O Goberno galego asegurou hoxe que protexe o territorio e medioambiente "como nunca se fixo" en Galicia, en resposta á manifestación de 'Galiza non se vende'. "O goberno actual fai o que nunca se fixo en Galicia e que estaba pendente; que é defender como ninguén as rías, ríos e litoral de Galicia", salientou Touriño en declaracións a Radio Nacional, recollidas por Europa Press.

Por iso, interpretou que as "voces que agora se levantan" e "provocan mobilizacións" parecen que "non están sendo capaces de entender" que este novo Goberno está "cambiando e protexendo o territorio e medioambiente como nunca se fixo neste país".

Ademais, Touriño considerou que foi unha decisión "sensata e razoable" a de prorrogarlles ás empresas en primeira liña de costa a súa licencia, xa que advertiu de que, pola contra, o corte "radical" da concesións suporía unha "quebra, despedimentos e un trauma a nivel emprego e social".


3/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: