O profesor Xoán Montero, especialista na materia, fala na Universitat de Barcelona.
Xoán Montero, profesor de tradución na Universidade de Vigo, investiga na actualidade sobre diversos aspectos da dobraxe no cinema. Entre as súas publicacións recentes cómpre salientar o Manual de tradución audiovisual e técnicas para a dobraxe (2004) así como a súa tradución d'O banqueiro de Fernando Pessoa, Premio Plácido Castro 2006, e diversos artigos en revistas especializadas, como "Viceversa" ou "Madrygal".
Conferencia de Xoán Montero
O audiovisual galego: a importancia da tradución para a dobraxe
Mércores 13 de febreiro de 2008 ás 19:30
Edificio Histórico, Aula 108
Facultade de Filoloxía, Universidade de Barcelona
Gran Via de les Corts Catalanes, 585 | 08007 Barcelona