Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PERDAS RÉCORD

General Motors deixará na rúa 74 mil traballadores

A empresa estadounidense toma a medida a raíz dunhas perdas netas de 38.700 millóns de dólares.

Redacción - 14:03 12/02/2008

A multinacional da automoción de orixe estadounidense General Motors anunciou que despedirá 74.000 empregados. A empresa xustifica a medida polas perdas netas de 38.700 millóns de dólares (26.500 millóns de euros), as máis altas da súa historia, que tivo en 2007. GM incluíu 38.300 millóns de dólares de gastos especiais por créditos fiscais que non utilizou.

Porén, sen os gastos especiais, a perda neta da multinacional reduciuse a 23 millóns de dólares fronte aos 2.200 millóns que perdera en 2006. Ademais, o sector do automóbil de General Motors tivo uns ingresos récord de 178.000 millóns de dólares.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: