Co seu décimo traballo, Camiños da fin da terra, entre as raíces e a innovación.
A Luar na Lubre non lle cómpre presentacións, e menos en Cataluña, onde actúa a miúdo e conta cunha lista longa de seguidores. Desde outubro Camiños da fin da terra levou de xira ao grupo por Galiza e en moitas cidades do Estado español e Alemaña, entre elas Barcelona. Agora volve, case pechando a xira ao Auditori Enric Granados de Lleida. E ao día seguinte, o 16 de febreiro, Luar na Lubre actúa no Teatro Villamarta de Jerez.
Podes ler unha entrevista ben singular que lle fixeron a Bieito Romero no Mike Oldfield Blog cadrando co concerto de Barcelona do pasado mes de novembro.
Concerto de Luar na Lubre
Venres, 15 de febreiro de 2008 ás 22.30 h
Auditori Municipal Enric Granados
Pl. Mossèn Cinto Verdaguer, s/n | 25004 Lleida
Tel. 973 22 33 20
Entrada anticipada 12 €, en taquilla 15 €.