Será entre o 3 e o 18 de xaneiro do ano que vén.
Bos Aires será o lugar de partida e máis a meta do Dakar do ano que vén.
Os pilotos que estaban apuntados para a edición frustrada deste ano van ter prioridade na inscrición, segundo dixo Etienne Lavigne, o xefe da organización da competición.
Os participantes sudamericanos terán unha tarifa especial e os vehículos dos pilotos europeos serán transportados por barco finais de novembro deste ano, cunha travesía que vai durar unhas tres semanas.
Despois de 29 edicións en territorio africano e da anulación da 30ª edición por causa das ameazas terroristas, a proba, creada por Thierry Sabine en 1979, muda 30 anos despois de continente. O que non se sabe aínda é se vai mudar o nome.