Foi no Campionato Absoluto Estatal, en Segovia. Participaban 21 galegos, elevaron 10 medallas.
Desta volta foron moitos taekwondistas de todo o Estado para participar no estatal. De Galiza foron deportistas de gran nivel, como Andrea Rica, que trouxo un ouro en peso galo. O outro ouro foi para Estefanía Hernández, en peso pluma. As pratas leváronas Nazaret Tilve (en Mosca) e Javier Sieira (Peso Medio).
Os bronces foron para Eric Benito (en Mosca), Daniel Mallo (Mosca), José A. Carregal (en peso lixeiro), Fernando Rascado (Superlixeiro) e Lúa Piñeiro (Superlixeiro).
A vindeira cita do taekwondo estatal será os vindeiros días 23 e 24 de febreiro na Pobla de Mafumet, onde se celebrará o campionato júnior e no que tamén participará a Selección Galega.