Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presentará a queixa na Fiscalía

O MpDC denunciará a carga policial por zouparlle a manifestantes "que non opuñan resistencia"

"A Policía cargou aínda cando non había ningún perigo inminente que xustificara tal actuación policial", critican desde o colectivo.

Redacción - 12:00 09/02/2008

O Movemento polos Dereitos Civís, MpDC, explica que para a realización dunha concentración non é necesaria unha autorización da Delegación do Goberno Español e que esta debe ser, simplemente, comunicada. "O feito de que unha concentración non sexa comunicada sería, en todo caso, motivo de multa segundo a lexislación vixente, e nunca xustificaría unha carga policial", sosteñen.

Ao respecto, sinalan as imaxes publicadas este sábado por La Opinión, onde se pode ver como "un axente golpea violentamente cara uns cidadáns sen que estes estean opondo resistencia algunha, un incluso esta marchándose do lugar dos feitos". O Movemento polos Dereitos Civís presentará denuncia na Fiscalía contra este axente "ao non entender cal é a xustificación da súa actuación". Tamén solicitarán explicacións á Delegación do Goberno Español polos golpes "recibidos por curiosos" que nada tiñan que ver coa concentración.


4,8/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: