Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Líderes desaparecidos

Detencións "secretas" de opositores no Chad

Amnistía acusa o goberno de aproveitar o actual conflito coa "oposición armada" para deter a membros da oposición "pacífica".

Redacción - 09:30 09/02/2008

O goberno do Chad mantén silencio sobre a presunta detención de membros relevantes da oposición política no país, pero Amnistía Internacional asegura contar con indicios claros de que estas persoas foron detidas por orde do presidente.

"Corren o risco de seren torturados", lamentan denuncian desde o colectivo, solicitándolle ao executivo que revele "inmediatamente" o seu paradoiro e informe ás familias e aos seus representantes legais da súa situación. "Se hai algún delito que imputarlles que o fagan, senón que os liberen axiña", defende Amnistía.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: