Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONCURSO DE MICRORRELATOS ERÓTICOS

Ferve a rede con Vieiros

O luns poderedes enviar os vosos textos, cun máximo de 550 caracteres. O premio: unha viaxe de catro días a Venecia para o gañador ou gañadora.

Redacción - 18:30 07/02/2008

O tempo entre o Entroido e a Semana Santa, os corenta días de Coresma, adoita ser un tempo de penitencia, de discreción e abstinencia. Pero este ano non vai ser así. Vieiros, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca Ferve a rede, un concurso de microrrelatos eróticos en galego. Para participar hai que estar rexistrado como usuario de Vieiros e cada lector poderá enviar un máximo de tres textos, cun máximo de 550 caracterse cada un, incluídos os espazos en branco. O vencedor será decidido por un xurado creado para este concurso.

E os premios? O autor do relato gañador levará unha viaxe de catro días a Venecia para dúas persoas. Ademais, entre todas as persoas que envíen textos (tamén entre os que voten e comenten) sortearase unha estadía dunha fin de semana nunha casa de turismo rural próxima á parroquia máis erótica de Galiza, a parroquia de O Sexo, na Golada

Os relatos poderán enviarse a partir do 11 de febreiro e até o 10 de marzo. O gañador anunciarase unha semana máis tarde: o 17 de marzo.

The Internet is for porn
Xa en 2001 Vieiros puxo en marcha a iniciativa Necesariamente X, na que o escritor e xornalista Camilo Franco construía relatos ou pensamentos (eróticos ou non) a partir de imaxes de pornografía sexual enviadas polos lectores de Vieiros, un xogo sobre a importancia da obviedade. E o pasado ano, máis ou menos por estas datas o blogomillo elevou a súa temperatura a través dun meme que rulou por ducias de blogs e que animaba a escoller cinco cancións para quentar e quecer.


4,56/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O gañador levará unha viaxe de catro días a Venecia
O gañador levará unha viaxe de catro días a Venecia