Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémica polo bloqueo dun spot

"Quere o goberno español que non vexas este anuncio?"

Amnistía Internacional quéixase de que o Ministerio de Industria negou a autorización para que este vídeo poida ser emitido de balde nas televisións.

Redacción - 11:25 07/02/2008


Láianse desde o colectivo en defensa dos dereitos civís de que o goberno español afirme que o vídeo "non é de utilidade pública" e que o cualifique de "publicidade partidista e política". Deste xeito, calquera televisión que o emitise gratuitamente podería ser multada. Amnistía Internacional considera que é un caso de "censura".

No vídeo pode verse a diferentes líderes políticos, coma o ruso Vladimir Putin, o estadounidense George W. Bush ou o presidente de Libia, Muammar Gadaffi, coas súas voces dobradas e escoitándose de xeito ficticio das súas bocas frases extraídas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos como as seguintes: "todos os cidadáns son libres e iguais" ou "ninguén pode ser sometido a torturas nin detido arbitrariamente".


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: