A vitoria en Nova York, o estado onde Hillary Clinton saltou á area política, e onde conseguiu o 57% dos apoios fronte ao 40% de Barack Obama, amosa a tendencia xeral ao longo da noite do Super Martes nos Estados Unidos. Clinton recibiría a continuación a confirmación das súas vitorias en Niuchese e Massachussets, colleitando así unha maioría de votos na costa leste dos EUA.
O balance nesta altura é de 13 Estados con maioría de votos para Barack Obama e 9 do lado de Hillary Clinton. Con todo, Clinton gaña nos que maior peso teñen sobre o total, incluído o que máis delegados poñía en xogo, California, onde, sen finalizar o reconto, a senadora alcanza o 54% dos apoios fronte a un 34% de Obama. Deste xeito, o reconto sería agora mesmo de 656 delegados para Clinton e 558 para Obama.
Máis definidas parecen as cousas no lado do Partido Republicano, onde John McCain chimpa aos 522 delegados, por riba dos 223 cos que queda Mitt Romney e os 142 de Mike Huckabee. Huckabee gañou en estados como Arkansas e Alabama, manténdose así vivo na loita, e reducindo así as aspiracións de Romney que ademais fracasaba en California, onde varias sondaxes lle prognosticaran o triunfo. A vitoria de McCain en áreas clave como a propia California sitúao así como aspirante favorito á sucesión de Bush no liderado republicano.
Recomendámoslles a cobertura de: