Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Nun documento emitido o 28 de xaneiro

O xuíz Grande-Marlaska converte o galego en "dialecto gallego"

No proceso que enfrontan os catro mozos acusados de queimar unha imaxe de El-Rei, o maxistrado usou esa expresión para referirse á petición dun intérprete de galego.

Redacción - 17:00 05/02/2008

A providencia emitida polo xuíz da Audiencia Nacional española Fernando Grande-Marlaska o pasado luns 28 de xaneiro contén unha expresión que desde o grupo NÓS-Unidade Popular, no que militan os catro mozos acusados, "opta por um tratamento denigrante e de claro desprezo para um dos idiomas co-oficiais nunha das comunidades autónomas que actualmente formam o Estado español".

No documento, e en resposta á petición que a defensa dos catro rapaces fixo dun intérprete, o xuíz escribe: "(...) en lo referente a [la] petición de designación de intérprete de dialecto gallego, ya se instó en su día por este juzgado de la Empresa encargada".

O colectivo láiase de que un xuíz se "dea o luxo de desprezar abertamente o idioma de Galiza", suceso que cualifica de exemplo do "carácter reaccionario e anacrónico da Audiencia Nacional". Ao tempo, comunica a súa intención de trasladarlle ao Valedor do Pobo unha queixa en relación ao acontecido.


4,76/5 (50 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: