Hano facer esta segunda feira para promocionar o ciclismo de base na vila do campión do Tour 2006.
Óscar Pereiro e o equipo Karpin Galicia, a través do programa Ciclismo no meu concello han promocionar, de forma conxunta o a vindera segunda feira, o ciclismo en Mos, localidade da que é natural o gañador do Tour de 2006.
A actividade iniciarase ás 17:00 horas cunha sesión do Circuíto de ciclismo escolar dirixida a mozos de 6 a 15 anos nas inmediacións do Pavillón Óscar Pereiro. A seguir, sobre as 18:30 horas inaugurarase a exposición 120 anos de ciclismo galego, que chega a Mos (onde estará aberta ao público até o 2 de febreiro), despois de percorrer uns nove concellos de todo o país dende a súa inauguración a comezos de novembro na Coruña.