O portal experimetou un grande incremento dos seus ingresos desde o 2003
A mecánica Google aínda funcionou ao máximo no 2007. O 31 de xaneiro, o grupo californiano publicou un volume de negocios para o cuarto trimestre de 2007 en alza do 51%, a 4,83 mil millóns de dólares (3,25 mil millóns de euros), con relación ao mesmo período de 2006, cun resultado neto de 1,2 mil millóns. Durante o ano, o grupo superou os 16 mil millóns de dólares de volume de negocios.
Se Google lanzou numerosos servizos estes últimos anos (cartografía, servizo de mensaxería electrónico, programas informáticos de ofimática...), é a publicidade que xera a parte fundamental das súas rendas. En particular os "vínculos patrocinados", un formato que se basea nos resultados do seu motor de busca.
Google propón aos publicistas comprar palabras clave. Se estas son obxecto dunha procura en liña, os seus sitios web póñense á dereita das respostas solicitadas. Esta oferta é tan popular que os publicistas só pagan se o internauta "clica" sobre o seu banner. Foi Overture, sociedade adquirida por Yahoo! no 2003, a que inventou os vínculos patrocinados.
O grupo aproveitou ben do forte aumento dos gastos publicitarios en Internet: medraron ao ritmo do 20% ao 30% ao ano desde 2003.