Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Coruñ@mobil

Canto vai tardar o bus? pregúntalle ao móbil

A Coruña ofrece información sobre noticias, actividades, festas e outros datos de interese a través do servizo de mensaxería curta dos teléfonos móbiles.

Redacción - 11:10 02/02/2008
O móbil é convértese nun medio máis de información. Flickr: #_Gwen_#

O móbil é convértese nun medio máis de información. Flickr: #_Gwen_#

A iniciativa do Concello da Coruña quere ampliar a comunicación coa cidadanía, e que mellor maneira de facelo que a través da telefonía móbil. Dende xullo, a área de Informática da localidade herculina está a desenvolver un servizo a través do cal os usuarios poden recibir información a tempo real sobre diversos actos e noticias que están a acontecer na cidade. Ante o éxito acadado por esta iniciativa, os responsábeis decidiron ampliar o abano de informacións, incluíndo agora un novo servizo polo que se poderá saber o número de minutos que tarden os buses en chegar a unha determinada parada.

O servizo é de subscrición gratuíta nunhas opcións, mentres que noutras ten un custe de 30 céntimos por mensaxe, cando se responde a unha consulta concreta dun subscritor. As noticias de interese que suceden na cidade e os avisos aos que se subscribira o usuario son gratuítos. Por outra parte, existe tamén a posibilidade de que os cidadáns se informen sobre unha actividade concreta, para o que non é necesario subscribirse enviando ao número 5110 os textos Farmacor, Tiempocor, Cinecor, para obter información sobre farmacias de garda, meteorolóxica ou carteleiras, e Guiacor, unha guía xeral da cidade.

O servizo vai agora máis alá, e en breve ofrecerase tamén o servizo 5110 Corbus, para coñecer a información sobre os horarios dos autobuses e tamén cabe a posibilidade de envío de SMS masivo á cidadanía en caso de risco, catástrofe ou mobilización.

Como darse de alta?

Para rexistrarse, os interesados terán que cumprimentar unha ficha persoal na que deberán incluír o DNI e o número do teléfono móbil ao que se enviarán as mensaxes. Unha vez feito este paso, o servizo daralle unha clave para acceder aos datos, modificalos ou verificalos. Os interesados poden facer a subscrición a través desta web ou ben nos diversos centros municipais.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: