Xogan na meirande competición, a nivel estatal, conta o UCAM de Murcia. Poderíase repetir o resultado de liga, no que as galegas gañaron por 2-1.
No mediodía da sexta feira comeza o Ponte Ourense de fútbol sala feminino a súa andadura nos cuartos de final da XIV Copa Estatal, ante o UCAM Murcia.
A idea é a de repetir o resultado conseguido na liga (xogan na división de Honra e van sextas as de Ourense), onde as galegas lles gañaron ás murcianas por 2-0.
Para o técnico ourensán, Morenín, o Murcia é un rival bo, fronte a outros posíbeis como o Elche ou o Futsi, e o feito de lles ter gañado no partido ligueiro sempre axuda a afrontar o encontro con menos presión.
É probable que as cousas lles saian ben ás ourensás, que levan varias semanas sen perder e que chegan con ánimos á súa primeira Copa.
O partido comeza ás 12:30 no Polideportivo Príncipe de Asturias, do Concello de Pinto (Madrid).