Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Constituído por 117 empresas

O sector das TIC reacciona contra o minifundismo asociativo impulsando un clúster

Será o sétimo conglomerado industrial creado en Galiza, despois dos da automoción, a madeira, o naval, o audiovisual, o da acuicultura e o gráfico.

Redacción - 09:00 01/02/2008

Nace así un dos puntos clave que aparecía no propio Plano Estratéxico Galego dá Sociedade dá Información (PEGSI 2007-2010), desenvolvido pola Consellaría de Innovación e Industria. Un proxecto que tratará de reforzar e relanzar o peso do sector TIC no país, onde xa xera o 2,15% do Valor Engadido Bruto, cun nivel continuo de creación de emprego.

No acto de constitución do Clúster TIC de Galiza participou Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria, quen lles agradeceu ás asociacións Eganet, INEO e AETIC e aos colexios profesionais de Enxeñeiros de Telecomunicacións e de Informática o seu traballo conxunto co Goberno para botar adiante o proceso con éxito.

Blanco salientou a capacidade que está demostrando o PEGSI como base sólida para a existencia dunha dinámica propicia para as TICs no país. "Galiza aspira así a non ser unicamente consumidora de bens e servizos, senón tamén produtora", sinalou. O conselleiro dixo ter a convicción de que este clúster vai impulsar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no sector empresarial da sociedade da información.


4,71/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: