As exposicións e actividades do museo vigués inclúen unha montaxe de Peter Coffin consistente nun invernadoiro no que actuarán músicos.
O director do Museo, Iñaki Martínez, e o concelleiro de Cultura do Concello vigués, Xesús López, presentaron a programación do centro para o período xaneiro-abril, que inclúe a mostra Xeopolíticas da animación, que se estará no MARCO entre o 29 de febreiro e o 1 de xuño.
Outra das ofertas é a mostra Paraísos indómitos, que inclúe actividades como talleres ambientais e concertos para plantas, que se celebran nunha das instalacións: un invernadoiro do artista Peter Coffin, no que haberá músico en vivo.
A estas mostras súmase a exposición da viguesa Carme Nogueira, continuación do proxecto Próspera, no que a autora busca un diálogo coa cultura chinesa, tomando como referencia a propia cidade de Vigo. Así mesmo, haberá concertos a cargo de profesores e alumnos do Conservatorio de Vigo, ao redor da figura do compositor John Cage. A oferta complétase coas actuacións do Festival SINSAL, que contará cos grupos ZU (Italia) e OM (EE.UU.); así coma o VII Festival Alternativo de Teatro e Danza de Vigo.