O local, situado no centro da cidade, contará cun salón de actos, cafetaría, sala de investigadores e dúas grandes bibliotecas.
A Fundación Casdemiro, que xestiona o legado do historiador ourensán Xulio Francisco Ogando, vaise facer cun edificio situado na Praza do Trigo da cidade, ao carón da sede da Tenencia de Alcaldía. O inmóbel está sendo rehabilitado e espérase que a Fundación Ogando Vázquez poida desenvolver as súas actividades alí no prazo dun ano. Na actualidade a Fundación ten a súa sede na rúa Pena Trevinca.
O edificio contará con salón de actos, dúas grandes bibliotecas, unha sala de investigación, unha emisora de radio con temática cultural, unha cafetaría e un mesón, e no futuro prevese ademais que acolla unha residencia para artistas.