Levaba na súa camisola unha mensaxe de solidariedade cos palestinos bloqueados por Israel.
O momento de ensinar a camisola
O centrocampista dunha das seleccións africanas máis potentes, Exipto, Mohamed Aboutrika, recibiu esta domingo unha amoestación da Confederación Africana de Fútbol (CAF) despois de amosar un slogan de apoio a Gaza na fase final da Copa de África, que se está a disputar en Ghana.
Aboutrika ergueu a camisola do seu equipo tras anotar o 3-0 contra Sudán, para amosar outra que levaba debaixo coa mensaxe: "Compaixón con Gaza".
Segundo os directivos da CAF, a sanción produciuse por saltarse Aboutrika a prohibición de amosar mensaxes políticos empregando os traxes ou os uniformes dos equipos.