O espectáculo de música e humor de Carlos Blanco e Manecas Costa xirará por toda Galiza até o verán e proxecta representarse por toda a lusofonía.
A obra, producida por Abada, afondará no tema da emigración e da inmigración, asuntos sempre presentes tanto en Galiza como en África, a través do humor do galego Carlos Blanco e da música do guineano Manecas Costa. A obra inclúe textos dos propios Blanco e Costa, así como doutros autores, como Antón Reixa, Xosé Cid Cabido ou Zé Rui.
Humor Neghro está dirixido ao público galego, pero a súa intención é chegar a representarse este ano en todo o Estado, en Portugal e noutros países da Lusofonía. Até xuño ten xa quince datas fixadas no noso país, comezando polas dúas actuacións desta fin de semana: este venres 25 no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, e o sábado 26 no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo.
Programa de representacións
17 de febreiro: Centro Socio-cultural de San Sadurniño
23 e 24 de febreiro: Teatro Principal de Ourense
28 de marzo: Casa da Cultura de Burela
5 de abril: Centro Sociocultural Caixanova de Cangas do Morrazo
18 de abril: Auditorio de Vilagarcía de Arousa
8 de maio: Centro Sociocultural Caixanova de Ferrol
9 de maio Centro Sociocultural Caixanova de Lugo
10 e 11 de maio: Centro Sociocultural Caixanova de Vigo
17 de maio: Auditorio Municipal de Narón
6 e 7 de xuño: Teatro Principal de Santiago de Compostela