Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enésima crise política en Italia

Sesión de insultos e cuspiñazos que remata en caída do goberno Prodi

A axitada sesión parlamentaria fai caer a coalición de goberno liderada polo primeiro ministro Romano Prodi, que presentaba a última hora a súa dimisión.

Redacción - 09:00 25/01/2008
Tags: Italia Prodi

Un total de 161 senadores negáronlle a confianza a Romano Prodi na votación deste xoves no Senado italiano, fronte aos 156 que votaron a favor. A crise iniciouse hai unha semana, coa saída da coalición do ministro de Xustiza e cabeza da formación política Udeur, Clemente Mastella.

Na esperpéntica sesión deste xoves, un dos senadores da Udeur, Nuccio Cusumano, anunciou que votaría en favor de Prodi, o que acendeu un enfrontamento nos escanos. De boca dun dos seus propios compañeiros de partido escoitáronse cualificativos como "vendido" ou "pedazo de merda", ao tempo que lle guindaban un cuspiñazo. Cusumano sufriu entón un desmaio e tivo que ser retirado cara ao hospital.

A última hora, o primeiro ministro, Romano Prodi, trasladábase ao pazo do Quirinal para presentarlle a dimisión ao presidente da República, Giorgio Napolitano.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: